Inicio > Denuncia > Participe na defensa de Ahmad Sa’adat e de todos os prisioneiros palestinos!

Participe na defensa de Ahmad Sa’adat e de todos os prisioneiros palestinos!


Aca les posteo una informacion muy importante proveniente del blog gallego marxista-leninista Estoutras Notas Políticas donde el amigo Petrov nos hace abrir los ojos sobre la situacion de los presos politicos Palestinos en manos del gobierno israelí.
La noticia esta en gallego, la verdad que no es ilegible, la idea principal se puede extraer sin problemas, igual me estuvo comentando que esta traduccion esta directamente del inglés y que apenas la publiquen en castellano se volvía a contactar con nosotros para la difusión, ademas para que pueda ser legible en toda la región, ya que como ninguno de nosotros habla varios idiomas (apenas castellano do ghetto jeje) el compañero nos sugiere con textuales palabras “Te recomendaría que la colgaras también en galego, pues sé que su blog lo ven muchos brasileiros, portugueses y galegos, desde muchas partes del mundo, y así lo entenderían mejor.”
Desde Argentina, Los Magios repudiamos al gobierno sionista israelí, y nos solidarizamos con los presos políticos palestinos. Como bien dijo ska-p “Quien diria que David fuese Goliat”.

Aqui la noticia.
O líder palestino encarcerado, Ahmad Sa’adat, acudirá, esta quinta feira 22 de outubro, ao tribunal de ocupación para desafiar o illamento dos prisioneiros políticos palestinos nos cárceres israelís. Únase á campaña Liberdade para Ahmad Sa’adat e participe na defensa dos dereitos dos prisioneiros palestinos e no apoio a súa loita pola liberdade!

Ahmad Sa’adat, o Secretario Xeral da Fronte Popular para a Liberación de Palestina, permanece en illamento na prisión de Ramon, no deserto de Nagab, desde ha seis meses, cando foi trasladado desde a prisión de Asqelan despois de 14 días de illamento. Sa’adat padece o illamento e as condicións abusivas carcerarias, xunto con outros líderes nacionais palestinos e líderes populares das prisións, recluídos todos en unidades especiais de illamento. Dentro destas unidades, Sa’adat permanece nunha unidade específica sen acceso, nin sequera, aos outros prisioneiros en illamento, privado de calquera dereito básico. Os seus libros persoais foron confiscados e tan só ten acceso aos xornais unha ou dúas veces á semana.

Négaselle as visitas da súa familia –a súa esposa, Abla, leva tres meses sen poder visitalo- , así como visitas legais, e ten prohibido facer compras na cantina da prisión, incluído a compra de tabaco. Ao patio do cárcere pode saír unha hora ao día, esposado e con grillóns nos nocellos. Isto é xustificado polas autoridades ocupantes como ‘castigo’ por darlle dou paquetes de tabaco a outro preso. A administración de prisións está tentando criminalizar as relacións humanas e sociais entre os prisioneiros palestinos, e entre os prisioneiros e as súas familias.

Sa’adat, na súa loita contra o illamento, participou nunha folga de fame de nove días en xullo de 2009, o que provocou o seu inmediato traslado á prisión de Ramon. Sa’adat vai desafiar o illamento dos prisioneiros políticos palestinos diante do tribunal este 22 de outubro e precisar do teu apoio!

PARTICIPE NA DEFENSA DE AHMAD SA’ADAT E TODOS OS PRISIONEIROS PALESTINOS!

Tanto en Palestina como en todo o mundo vanse celebrar actos entre o 16 e o 22 de outubro para pedir liberdade e xustiza para Sa’adat e todos os prisioneiros palestinos. Participa desta campaña:

1. Distribúa a folla (en galego) Liberdade para Ahmad Sa’adat na súa cidade, vila ou aldea.

2. Póñase en contacto coa embaixada ou consulado israelí para esixir a liberdade inmediata de Ahmad Sa’adat e todos os prisioneiros políticos palestinos.

3. Escriba ao Comité Internacional da Cruz Vermella ( jerusalem.jer@icrc.org ) e demais organizacións de dereitos humanos para que exerzan as súas responsabilidades a actúen con rapidez para esixir que os israelís garantan que Ahmad Sa’adat e todos os prisioneiros palestinos sexan liberados do seu illamento punitivo.

4. Informe á Campaña para Liberar a Ahmad Sa’adat ( info@freeahmadsaadat.org ) das actividades da súa localidade.

Ahmad Sa’adat estivo preso desde 2002 nos cárceres da Autoridade Palestina, custodiado por gardas ingleses e norteamericanos, até o seu secuestro polas forzas de ocupación israelís o 14 de marzo de 2006, após unha incursión militar dos ocupantes na prisión de Xericó. O 25 de decembro de 2008, foi condenado a 30 anos de prisión. Ahmad Sa’adat é membro do Concello Lexislativo Palestino e un dos máis destacados líderes nacionais palestinos encarcerado polos ocupantes.

Ahmad Sa’adat e uns 10.000 prisioneiros palestinos están diariamente na primeira liña da loita contra a opresión e os crimes israelís. Hoxe, é urxente que nos manteñamos xunto a Ahmad Sa’adat e todos so prisioneiros palestinos na loita contra os abusos e pola liberade de todos os prisioneiros e de toda Palestina!

Anuncios
Categorías:Denuncia Etiquetas:
  1. ESTEBAN MEJIAS
    22/10/2009 en 23:25

    Saludos, Roots. Envíame una notificación en lo que tengas este post en castellano. Pendiente!
    Venceremos!
    Saludos cordiales desde la República Bolivariana de Venezuela

  1. No trackbacks yet.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: